Arnoia xa ten cartel para a XLIII edición da Festa do Pemento

Arnoia xa ten cartel para a XLIII edición da Festa do Pemento

  • Miguel Ángel García Chaler é o gañador desta edición.
  • O Concello de Arnoia outorgou un único premio de 1.200€.
  • A súa obra destacou entre as 29 propostas que chegaron este ano dende diferentes localizacións de toda España.

A 43 edición da Festa do Pemento de Arnoia xa ten cartel gañador que representa á perfección a tradición, o sentir e a esencia desta festa que terá lugar o 5, 6 e 7 de agosto.

Miguel Ángel García Chaler foi o elexido como gañador deste II edición do Concurso de Carteis, que contou cun xurado formado por José Arnoso, CEO do medio dixital Turvegal – Turismo Verde de Galicia,  Marta Pereira, artista multidisciplinar e deseñadora gráfica, e a concelleira de cultura del Concello de Arnoia, Purificación Domínguez.

A obra titulada como “Arnoia un paraíso para os sentidos” conquistou ao xurado. Desta volta, o premio de 1.200€ caeu moi preto da provincia, xa que Miguel Ángel García é un ourensán que se adica ao deseño gráfico e ten a súa propia axencia de publicidade na provincia. Xa gañou outros concursos como o cartel da 57º Feira do Viño do Ribeiro.

Os membros do xurado destacaron que a obra de Miguel Ángel García representa á perfección a tradición, o sentir e a esencia da Festa do Pemento e a localización en Arnoia.

O ilustrador tivo en conta na representación detalles da localidade como a torre do reloxo, a igrexa, o concello e tamén a tradición do viño desta zona situada no corazón de O Ribeiro. Como non, non podía faltar a propia festa coas súas cestas de pementos e as frixidoras ao lume para poñer a punto este manxar característico.

A súa obra destacou entre as 29 propostas que se presentaron dende diferentes localizacións de toda España.

O obxectivo desta iniciativa é fomentar a creatividade e dar a coñecer a festa e a diversidade, riqueza histórica, cultural, etnográfica e paisaxística do concello de A Arnoia, así como espallar e promover a arte.

FESTA DO PEMENTO 2022

A Festa do Pemento celebrarase os próximos 5, 6 e 7 de agosto, despois de dúas edicións en pandemia.

Este ano recuperará toda a súa esencia coa tradicional degustación dos pementos, actuacións musicais e moitas sorpresas que se irán desvelando nas redes sociais da festa e do propio concello.